Perfomance e lançamento na Fundación Laxeiro, em Vigo

O PROXECTO

Marcio-André (Río de Xaneiro, 1978) escritor e performer, ademais de artista visual e sonoro, presenta Ensaios radioativos unha performance multidisciplinar coa que da a coñecer o seu novo libro, publicado en Galicia por Axóuxere Editora, dentro da súa colección Polimnia, Cadernos de combate.

Como autor preocupado pola anulación de fronteiras entre xéneros, Marcio-André presentará unha acción na que a literatura, o son e a arte visual confluirán no espazo da Fundación Laxeiro para presentar a publicación do seu novo libro.

Rafael Xaneiro, responsable de Axóuxere Editorial propiciará un diálogo co autor no que, de forma breve, desgranarán os contidos da publicación para, de seguido, dar paso á performance.

A performance explora as posibilidades do poema através do procesamento eletrónico da fala e da proxección de palabras, chegando aos límites da lectura e superando as fronteiras entre a poesía, a música experimental e a instalación. A través da reprogramación, en tempo real, de timbres percusivos e harmónicos extraídos do violino e da voz, o artista creará texturas acústicas, que, xunto con proxeccións e a exploración escénica do espazo, producen paisaxes sonoro-visuais hipnóticas, contemplativas e que, por veces, remiten ao sagrado, aos mantras e aos rituais primordiais.  O local da performance mudaráse  nunha dimensión cósmica, dando ao artista e ao público a posibilidade de se moveren entre galaxias de palabras

O LIBRO

A publicación, que leva o mesmo título, é un compendio de textos de pensamento crítico, feitos - segundo as palabras do autor - dende a contaminación radioactiva, un feixe de ensaios que van dende a poesía até a deriva nómada a través de cidades, a modo de tuaregs buscando un eixo sagrado nos elementos do mundo posmoderno. Un aprofundamento divertido, lúcido e irónico sobre a realidade que estamos acostumados a definir en termos tan estreitos e paradoxais que, ás veces, esta parece quedar ben pequena, aburrida e triste. 


Mais info aqui 



0 comentários:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails